Xustificación

O 12 de maio de 2021 cumpríronse cen anos do pasamento en Madrid de Emilia Pardo Bazán. A Real Academia Galega, titular da "Casa-Museo Emilia Pardo Bazán", como herdeira, por legado testamentario de Blanca Quiroga Pardo-Bazán, da casa da escritora co seu mobiliario e obxectos, así como da biblioteca e o arquivo, que se custodian na súa sede de Tabernas, 11, quere sumarse aos actos que en Galicia conmemorarán ese centenario, organizando un Congreso Internacional "Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois", continuación dos Simposios e Congresos que, promovidos pola RAG, tiveron lugar en A Coruña en 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008.

Sedes e datas

Real Academia Galega

A CORUÑA
25, 26 e 27 de outubro

Rúa Tabernas, 11 - 15001 A Coruña

VER EN GOOGLE MAPS

Colexio de Fonseca


Universidade de Santiago de Compostela (USC)

SANTIAGO DE COMPOSTELA
28 de outubro

Rúa do Franco s/n - 15704

VER EN GOOGLE MAPS

Consello da Cultura Galega

SANTIAGO DE COMPOSTELA
29 de outubro

Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705

VER EN GOOGLE MAPS

Background Image

Asistencia e inscricións

Seguindo o protoloco “Normas anti-COVID”, vémonos obrigados a pedir aos asistentes que fagan tres inscricións, unha para cada sede. E que, de querer asistir ás dúas actividades de A Coruña, se inscriban nelas tamén por separado.

Este aviso vale tanto para os asistentes presenciais como para os que sigan en streaming as sesións (posibilidade que non existe para as actividades culturais).

Daquela, ate o 15 de outubro de 2021, calquera persoa interesada en asistir - presencial ou telematicamente- enviará, ás respectivas direccións electrónicas que se indican, unha solicitude na que constarán unha serie de datos.

ir a inscricións

Organizan

Patrocinan



Colaboran