Sede da Real Academia Galega

LUNS, 25 DE OUTUBRO

MAÑÁ

09:00-09:30 Inauguración

09:30-10:10 Relatorio de apertura: Darío Villanueva (Académico de número RAE. Profesor Emérito USC): Memoria de Emilia Pardo Bazán.

10:10-10:50 1º relatorio (e debate): Marina Mayoral (Académica de Honra da RAG. Univ. Complutense de Madrid) : A imposible imparcialidade de dona Emilia.

11:00-11:30 PAUSA - LECER

11:30-12:10 2º relatorio (e debate): Dolores Thion Soriano-Mollá (Catedrática Univ. de Pau et des Pays de L’Adour): A novela curta ou o conto longo de Emilia Pardo Bazán, da teoría á práctica creativa.

12:10-12:50 3º relatorio (e debate): Ángeles Ezama Gil (Profesora Titular U. Zaragoza): Agravante e La hierba milagrosa: indagación sobre as súas fontes

TARDE

16:00-19:00 Comunicacións (e debate)

19:00-20:30 Actividades culturais: Roteiro marinedino

MARTES, 26 DE OUTUBRO

MAÑÁ

09:00-09:40 4º relatorio (e debate): Javier López Quintáns (Profesor Asociado USC): Industrialización, mercantilización e capitalismo, á luz de Emilia Pardo Bazán.

09:40-10:20 5º relatorio (e debate): Íñigo Sánchez-Llama (Catedrático Purdue Univ.): Pardo Bazán e a experiencia do urbano: un diálogo con Walter Benjamin.

10:20-11:00 6º relatorio (e debate): Emilia Pérez Romero (Profesora Lycée "Léonard de Vinci", Saint-Witz): A luz na narrativa naturalista de Emilia Pardo Bazán.

11:00-11:30 PAUSA - LECER

11:30-12:10 7º relatorio (e debate): Marisa Sotelo Vázquez (Catedrática Univ. Barcelona): O europeísmo de Emilia Pardo Bazán.

12:10-12:50 8º relatorio (e debate): Ermitas Penas Varela (Profesora ad honorem USC): Afinidades electivas: a teoría do conto en Emilia Pardo Bazán e en Edith Wharton.

TARDE

16:00-19:00 Comunicacións (e debate)

19:00-20:30 Actividades culturais: Visita guiada á Exposición Emilia Pardo Bazán

MÉRCORES, 27 DE OUTUBRO

MAÑÁ

09:00-09:40 9º relatorio (e debate): Marilar Jiménez Aleixandre (Académica da RAG. Profesora ad honorem da USC): Escribir do innombrable: a construción «contra o decoro» dunha identidade de escritora por Emilia Pardo Bazán.

09:40-10:20 10º relatorio (e debate): Montserrat Ribao Pereira (Profesora Titular Univ. de Vigo): A volta ao mundo en oitenta contos. A narrativa breve de Pardo Bazán na aula de Literatura española para estranxeiros.

10:20-11:00 11º relatorio (e debate): Jo Labanyi (Catedrática, New York University): O Nuevo Teatro Crítico de Emilia Pardo Bazán: unha empresa periodística singular.

11:00-11:30 PAUSA - LECER

11:30-12:10 12º relatorio (e debate): Enrique Rubio Cremades (Prof. Emérito Univ. Alicante): Pardo Bazán na prensa do seu tempo: algunhas calas.

12:10-12:50 13º relatorio (e debate): Ana M.ª Freire López (Catedrática UNED, Madrid): A persoa e a obra de Emilia Pardo Bazán na prensa norteamericana do seu tempo.

TARDE

16:00-19:00 Comunicacións (e debate)

19:00-19:40 Relatorio de Clausura: Ramón Villares (Académico da RAG. Catedrático USC): Emilia Pardo Bazán, unha intelectual na crise do 98.

19:45-20:30 Clausura


Salón Nobre do Colexio de Fonseca (USC)

XOVES, 28 DE OUTUBRO

A curiosidade científica de Emilia Pardo Bazán

Aínda que o recoñecemento universal da personalidade e obra de Emilia Pardo Bazán se basea fundamentalmente na súa creación literaria en diversos xéneros (novelas, contos, poesía, teatro, ensaio...) e na súa inxente produción periodística, convén lembrar tamén as ocasionais incursións en diferentes disciplinas científicas, con suxestivas achegas, que manteñen tanta vixencia como interese e que demostran a súa insaciable curiosidade científica.

Unha curiosidade que moi probablemente espertou co gallo das súas estadías en Santiago nos anos 1871-1879, cando mantivo frecuente relación intelectual con algúns profesores da Universidade (Antonio Casares, Augusto González de Linares, José Rodríguez Carracido, José Rodríguez Mourelo, Gumersindo Laverde Ruiz...) e investigou nas súas Bibliotecas, todo o cal afianzou o seu interese, que persistiría e se desenvolvería no futuro, por eidos tan diversos como Mineraloxía, Física, Química, Bioloxía, Teoría Política, Dereito Penal, Criminalística, Doutrina penitenciaria, Historia, Historia da Arte, Filoloxía e Historia Literaria, Pedagoxía...

Para tratar das súas aportacións neses campos intervirán recoñecidos especialistas, todos eles profesores da USC, que, en relatorios, comunicacións e mesas redondas, analizarán e avaliarán determinados escritos (algúns aínda inéditos ou escasamente coñecidos) da autora, correspondentes tanto aos anos de formación como de épocas posteriores, e que revelan o arraigamento e persistencia daquelas primeiras inquedanzas científicas.

MAÑÁ

Presentación

09:00 José Manuel González Herrán (USC): A curiosidade científica de Emilia Pardo Bazán.

Ciencias da Natureza

09:30 Manuel Bermejo Patiño (USC): Emilia Pardo Bazán na ciencia galega do século XIX. Pascual López.

10:00 Francisco Díaz-Fierros Viqueira (USC, RAG): Emilia Pardo Bazán, afeccionada á ciencia?.

10:30 Ana Mª González Noya (USC) e Andrés Díaz Pazos (USC): Unha excursión de Emilia Pardo Bazán pola física. [sobre "La ciencia amena", en la Revista Compostelana (1876-1877)]

11:00 Xoana Pintos Barral (USC): "No fuimos ni seremos bestias". Emilia Pardo Bazán contra o darwinismo. [sobre "Reflexiones científicas contra el Darwinismo", en La Ciencia Cristiana (1877)]

11:30 Debate e descanso.

Dereito Político

12:30 Ramón Maiz Suárez (USC): O carlismo de Pardo Bazán. [sobre Teoría del sistema absoluto (h. 1876)]

Historia medieval

13:00 María Luz Ríos Rodríguez (USC): Unha ollada feminina. EPB e o franciscanismo. [sobre San Francisco de Asís. Siglo XIII (1882)]

13:30 Debate.

TARDE

Historia da literatura española

16:00 Javier López Quintáns (USC): O proxecto de Historia de las letras castellanas.

Historia da literatura francesa

16:30 Arantxa Fuentes Ríos (USC): Emilia Pardo Bazán e a literatura francesa: relato dunha tetraloxía inconclusa. [sobre La Literatura francesa moderna (1911-1921)]

17:00 Debate.

Pedagoxía

17:30 María López Sández (USC): A conquista da educación: o pensamento pedagóxico de Emilia Pardo Bazán.

Dereito Penal

18:00 Fernando Vázquez-Portomeñe Seixas (USC): Emilia Pardo Bazán e a criminoloxía lombrosiana. [sobre "La nueva cuestión palpitante" (1894)]

18:30 Debate e descanso.

Clausura

19:30 Xesús Alonso Montero (USC): Visión da clase obreira en La Tribuna (1883).


Consello da Cultura Galega

VENRES, 29 DE OUTUBRO

MAÑÁ

11:00 Conferencia: Isabel Burdiel: O feminismo de Pardo Bazán en perspectiva histórica.

12:00 Mesa redonda: Emilia Pardo Bazán na Galicia do seu tempo.
Coordinador: X. M. Núñez Seixas (USC/CCG).Participantes: Ramón Villares (USC): Emilia Pardo Bazán e o Rexionalismo galego.
Alejandro Alonso (CUNY): Pardo Bazán en Vilamorta: rexionalismo literario e literatura nacional.
Manuel Pérez Lorenzo (IES Sada): Emilia Pardo Bazán e as Torres de Meirás.

TARDE

16:30 Relatorio: Jo Labanyi (NYU): O feminismo de Emilia Pardo Bazán: algunhas contradicións.

17:00 Mesa redonda: O pensamento social e feminista de Emilia Pardo Bazán.
Coordinadora: Mª Xosé Porteiro.
Participantes: Marilar Aleixandre: A violencia social baixo “a cor do deber e a virtude” segundo Emilia Pardo Bazán.
Mónica Bar Cendón: De malpocadas a vingadoras na obra de Emilia Pardo Bazán.
Ana María Freire López: O optimismo realista de Emilia Pardo Bazán perante a causa da muller.

19:00 Relatorio: Pura Fernández: A soidade do xenio. Emilia Pardo Bazán e a xenealoxía autoral das escritoras iberoamericanas.

19:30 Proxección: As mulleres do porvir, de Dorotea Bárcena.

19:45 Clausura do congreso