Asistencia e inscricións

Seguindo o protoloco “Normas anti-COVID”, vémonos obrigados a pedir aos asistentes que fagan tres inscricións, unha para cada sede. E que, de querer asistir ás 2 actividades de A Coruña, se inscriban nelas tamén por separado.

Este aviso vale tanto para os asistentes presenciais como para os que sigan en streaming as sesións (posibilidade que non existe para as actividades culturais).

Daquela, ate o 15 de outubro de 2021, calquera persoa interesada en asistir - presencial ou telematicamente- enviará, ás respectivas direccións electrónicas que se indican, unha solicitude na que constarán estes datos:

Datos para enviar: Nome e apelidos, enderezo electrónico, enderezo postal, teléfono e modalidade de asistencia (presencial/telemática).

Para as xornadas na RAG

Tabernas, 11 - A Coruña
25, 26, 27 de outubro

Enviar solicitude de inscrición a info@congresopardobazan100anos.gal,
indicando no asunto do correo ou no texto en que se desexa inscribir: asistencia ás sesións, asistencia á actividade cultural do luns 25 ou asistencia á actividade cultural do martes 26.


Enviar solicitude

Para a xornada na USC

Salón Nobre de Fonseca
28 de outubro

Enviar solicitude de inscrición a
area.cultura@usc.gal.


Enviar solicitude

Para a xornada no CCG

Pazo de Raxoi
29 de outubro

Haberá de se facer mediante un formulario que está dispoñible no seguinte enlace: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201176


Ir ó enlace

A sesión do Consello da Cultura Galega será retransmitida en directo no web www.consellodacultura.gal onde permanecerá gravada para consultas futuras.

Tendo en conta as restricións no número de asistentes que as Autoridades Sanitarias establezan nese intre (última semana de octubre), cada unha das tres institucións establecerá cantas persoas (relatores, comunicantes, organización, asistentes inscritos) poderán ser admitidos. Se o número de solicitantes fose superior ao número admisible, confirmarase a asistencia por rigorosa orde de inscrición, segundo a chegada das correspondentes mensaxes electrónicas (respectándose a orde das persoas que enviaron solicitude antes do 12 de setembro de 2021) e establecéndose unha “quenda de agarda”. Polo tanto, rogamos ás persoas inscritas e admitidas, que finalmente decidan non asistir, que avisen con suficiente antelación, para convocarmos a quen estea na reserva.

.Sexa como for, lembramos que todas as sesións do Congreso, nas súas tres sedes, serán retransmitidas telematicamente, a través das plataformas que no seu momento se indicarán, co correspondente control de asistencia.

A inscrición e asistencia ás sesións do congreso, en calquera modalidade, é totalmente de balde.

Tanto quen asista presencialmente como quen o faga telematicamente, poderá obter un certificado de asistencia, no caso de o solicitar.