Xustificación

O 12 de maio de 2021 cumpriranse cen anos do pasamento en Madrid de Emilia Pardo Bazán. A Real Academia Galega, titular da "Casa-Museo Emilia Pardo Bazán", como herdeira, por legado testamentario de Blanca Quiroga Pardo-Bazán, da casa da escritora co seu mobiliario e obxectos, así como da biblioteca e o arquivo, que se custodian na súa sede de Tabernas, 11, quere sumarse aos actos que en Galicia conmemorarán ese centenario, organizando un Congreso Internacional "Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois", continuación dos Simposios e Congresos que, promovidos pola RAG, tiveron lugar en A Coruña en 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008.

Sedes e datas

Real Academia Galega

A CORUÑA
25, 26 e 27 de outubro

Rúa Tabernas, 11 - 15001 A Coruña

VER EN GOOGLE MAPS

Colexio de Fonseca


Universidade de Santiago de Compostela (USC)

SANTIAGO DE COMPOSTELA
28 de outubro

Rúa do Franco s/n - 15704

VER EN GOOGLE MAPS

Consello da Cultura Galega

SANTIAGO DE COMPOSTELA
29 de outubro

Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705

VER EN GOOGLE MAPS

Background Image

Asistencia e inscricións

Ata o 12 de outubro de 2021, calquera persoa interesada en asistir ao congreso, tanto presencialmente como en persoa, pode enviar os seus datos ao seguinte correo: info@congresopardobazan100anos.gal

Datos para enviar:

  • Nome
  • Enderezo electrónico
  • Enderezo postal
  • Teléfono
  • Como pensa asistir

Enviar correo

Organizan

Patrocinan